CRTVG

Buscar

Bamboleo

Con Kiko & Shara, Xosé Lois Romero e Aliboria e a orquestra Charleston Big Band

24/02/2018 22:00 h

O dúo formado polos irmáns gaditanos Kiko & Shara regresa ao programa despois da súa separación para cantar algúns dos seus maiores éxitos, como “Adolescentes”, “Perdona” ou a súa última estrea, “ Si me amas”.

Bamboleo tamén conta coa presenza de Xosé Lois Romero e Aliboria. Este colectivo de novos músicos galegos conxugan os cantos tradicionais de Galicia cunha percusión innovadora e chea de forza.

Ademais, a orquestra Charleston Big Band toca “Échame la culpa”, un dos temas do momento, ademais dun repertorio de merengues.

A sección “Agora ou Nunca” amosa o potencial artístico de Nere Nogueira co tema “Love on the brain”, de Rihanna; e de Ángel Mosquera , que interpreta “Por debajo de la mesa”, de Luis Miguel.

Lourdes e Kike compiten cantando con karaoke en “A Jrileira” e parellas de todas as idades bailan na sección “Dirtidansi”, nesta ocasión un estilo latino coma a bachata.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: