CRTVG

Buscar

Land Rober Tunai Show

Con El Langui e o cociñeiro André Arzúa

05/10/2017 22:00 h

Un xoves máis, volve a troula á Galega. Cantante, actor de cine e televisión, presentador de radio… Todo iso está no currículo do convidado desta noite de “Land Rober Tunai Show”. Juan Manuel Montilla “El Langui” estará pintando a mona con Roberto Vilar para diversión sen igual dos espectadores do estudio e da casa.
Por outro lado, o programa ten hoxe máis boas novas para os seus incondicionais, xa que volve o “Quen vés sendo?”. Nesta ocasión será o chef André Arzúa, do espazo da TVG “A Cociña de André” o que veña poñer a proba a súa perspicacia para non acabar comendo o temido ovo con vinagre.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: