CRTVG

Buscar

Bamboleo

Programa 91

06/06/2015 22:00 h

O programa “Bamboleo” achegaralles hoxe aos espectadores da Televisión de Galicia unha nova velada de espectáculo e entretemento familiar, nesta ocasión coa música do cantante e produtor canario Dasoul, quen, pese á súa xuventude, leva anos inmerso no mundo da música. Ademais da súa faceta como intérprete, dedícase a producir e compoñer para outros artistas.

O musical presentado por Xosé Manuel Piñeiro tamén recibirá este sábado a visita do o cantante, compositor e produtor musical dominicano Henry Méndez, que no seu novo álbum de estudio fusiona os estilos cos que destacou desde os seus inicios: temas dance, latino e reggaeton. Ademais, o programa ofrecerá as actuacións da cantante galega Pili Pampín e da orquestra Panamá.

Esta nova edición de “Bamboleo” ofrecerá tamén as seccións habituais do programa, entre as que destacan “Agora ou Nunca”, onde medirán as súas voces Paula Varela, co tema “Sueños rotos”, de La Quinta Estación, e Manuel López, que cantará “El emigrante”, de Juanito Valderrama. 

En “Canción dedicada”, Inés e Vicente, de Ourense, contarán a súa historia sentimental; mentres que en “A ITV do amor”, o público terá que adiviñar cal é a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas infalibles. Ademais, en “A Jrileira”, persoas do público competirán cantando con karaoke; os colaboradores do programa afrontarán os retos máis difíciles en “O tempo xusto”; e parellas de distintas xeracións bailarán na sección “Dirtidansi”.

Atopar capítulo por: