CRTVG

Buscar

Bamboleo

Con Atacados, Pili Pampín e La Fórmula

11/11/2017 22:00 h

“Bamboleo” recibe a Atacados, unha banda de pop rock formada en Madrid en 2006, cun estilo musical que fusiona ritmos pop rock, punk californiano e guitarras potentes. Tras alcanzar case un millón de visitas co single “Hasta que salga el sol”, presentan “No hay relojes si tenemos sueños”. O programa tamén conta coas actuacións de Pili Pampín e da orquestra La Fórmula.

Na sección “Agora ou Nunca” compiten José Raúl Martínez, interpretando “Tu nombre es Anita”, de Manolo Escobar, e Montse Diéguez, co tema “Como yo te amo”, de Rocío Jurado.. 

En “A Jrileira”, Cristina, de Valga, e Luís, de Sada, enfróntanse ao karaoke cantando “No soy un Superman”, de David Bustamante. En “Dirtidansi”, parellas de distintas xeracións bailan samba, mambo, rumba e bolero.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: