CRTVG

Buscar

Bamboleo

Con Amparo Sandino, Nortones e orquestra Esencia

02/12/2017 22:00 h

“Bamboleo” recibe a visita da cantante, compositora e guitarrista colombiana Amparo Sandino, quen, despois de 15 anos de silencio, retoma a súa carreira musical co seu novo sinxelo, “Fin de semana”. A artista tamén interpreta clásicos da súa carreira coma “Gózate la vida”.

Tamén actúan a orquestra Esencia e a banda coruñesa de rock Nortones, liderada polo cantante e guitarrista Juan Folla, que regresa co seu segundo disco de estudio, “Sobrenatural”.

Na sección “Agora ou Nunca”, amosan o seu potencial artístico Laura Romero, co tema “Mi mundo sin ti”, de Soraya; e Pedro Joaquim, que interpreta “Morango do Nordeste”, de Karametade. “Déixate de Juasá” anima a David e Juan Carlos a prescindir de tanto trebello tecnolóxico e dicirse as cousas á cara; Rafa e Nati compiten cantando con karaoke en “A Jrileira” e parellas de distintas xeracións bailan na sección “Dirtidansi”, nesta ocasión os estilos bachata e valse.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: