CRTVG

Buscar

Vivir aquí

Lotaría e rebaixas

11/01/2014 15:30 h

  Os reporteiros de “Vivir Aquí” comezan o ano dedicando o programa a unha serie de feitos rutineiros que marcan os primeiros compases do novo ano.

  O 2014 comezou con moita sorte para Galicia, concretamente en Monforte festexaron o día de Reis coa deusa fortuna, xa que o primeiro premio do tradicional sorteo do Neno caeu nesta vila. Un equipo de “Vivir Aquí” quixo compartir cos afortunados e cos habitantes de Monforte este gran día para eles.

  Outros feitos que marcan o inicio de cada ano e que o programa “Vivir Aquí” recolleu en varias reportaxes son os preparativos e o primeiro día de vendas das rebaixas; falou coa xente para coñecer de preto os bos propósitos que intentarán cumprir neste 2014 e, por último, que tipo de dietas depurativas e tratamentos se fan despois dos excesos de Nadal.

Atopar capítulo por: