CRTVG

Buscar

Come a comarca

Terra de Melide vs. A Barbanza

13/01/2021 23:00 h

Esta semana o reclutamento dos equipos inclúe na Terra de Melide paradas en Castro Serantes, provedor de ovos campeiros; ou no Muíño de Trasmundi, que aínda moe a fariña como se facía hai máis dun século aproveitando a forza do río Catasol. No Barbanza, os espectadores poderán ver de preto en que consiste o Bou de Vara, unha arte de pesca tradicional que só se practica na ría de Arousa. Os participantes na quinta batalla do programa serán polo Barbanza Irene Amado, do Bar Lombiña en A Pobra; Verónica Sánchez, cociñeira do Pazo de Cores de Negreira; Borja Buján, de Rianxo e á fronte de O Curro da Parra en Santiago; Luis Arijón, do Restaurante Nojira de A Pobra; e Alberto Carou, xefe do equipo barbanzán e xerente do Curral do Marqués en Rianxo.

Os seus rivais, a Terra de Melide, estarán capitaneados por Pedro Coego, do restaurante O Recuncho do Convento. Completan o equipo o reposteiro Román Varela, da Pastelería Trisquel; José Mouriño «Novita», de A Cantina de Eleu e os cociñeiros melidenses Pablo Laya e Daniel Fernández. Quen pasará á seguinte fase? Se queres saír de dúbidas, a receita é ben sinxela. Primeiro colle o mando, despois engade Televisión de Galicia ao teu prato e degústao todo a lume lento. 

Atopar capítulo por: