CRTVG

Buscar

Come a comarca

As batallas 4: Verín vs. Terra de Trives

06/01/2021 22:00 h

A maior competición gastronómica do país aterra en Ourense para enfrontar a dúas terras ricas en carnes e froitos típicos do outono. Falamos de Verín e de Trives. Fran Cañotas percorrerá os dous territorios na procura das súas mellores cociñeiras e cociñeiros, aqueles capaces de representar no programa todo o seu legado culinario.

Unha vez recrutados os membros dos equipos chegarase a un enfrontamento no que só poderá quedar un equipo: o que mellor cociñe. O equipo de Verín estará liderado por Begoña Vázquez, do restaurante Regueiro da Cova (Verín), que vén co seu axudante Luis López. Completan o equipo José Luis Prieto, do Retiro do Conde (Monterrei), Emilio Prieto da Confitería La Primavera (Verín) e Óscar Arca. O bando de Trives estará capitaneado por Anxo Fernández, do Hostal La Viuda (A Pobra de Trives), acompañado por Isabel Prada da Casa do Agenor (A Pobra de Trives), Luisa Martínez, Berta Cereijo e Óscar Freire. Terán que elaborar un menú de tres pratos a contrareloxo a proposta dos xefes de salgados e doces do programa, Gerson Iglesias e Manuel Garea. 

Atopar capítulo por: