CRTVG

Buscar

Come a comarca

As batallas 2: Terra Chá vs. A Mariña

23/12/2020 22:30 h

A Terra Chá e a Mariña lucense son as comarcas protagonistas da segunda batalla en Come A Comarca As Batallas, que chega á provincia de Lugo na procura dos mellores cociñeiros.

Unha vez conformados os equipos, costa e interior batiranse en duelo en Come a Comarca As Batallas! Pola Mariña, o capitán será Bruno Pena, cociñeiro no Hotel Oca Praia de Foz. Con el estará Felipe Fernández da Horta de San Roque (Ribadeo), Víctor Valenzuela do restaurante O Muro (Viveiro), Elena Olla e Miguel Ferreiro. Os da Terra Chá serán liderados por José Luis Álvarez «Bouso», do restaurante O Castro, en A Pastoriza. Completan o equipo Diego López de Pascuais Eventos (Outeiro de Rei), Ovidio Pardiño da Pastelería Ben (Vilalba), José Vázquez e Daniel Díaz. 

Atopar capítulo por: