CRTVG

Buscar

Come a comarca

A Terra Chá

16/06/2020 22:30 h

Neste sexto programa o equipo de cociñeiros de Come a Comarca visita a comarca da Terra Chá para coñecer os segredos da súa gastronomía e aprender a facer o menú máis tradicional da comarca, composto por: caldo de nabizas e fabas, guiso de galo de Mos e roscón de Vilalba.

Marcos Domínguez, cociñeiro do Parador de Vilalba, será o encargado de guiar aos concursantes pola gastronomía da Terra Chá. Estes terán que dobrar o lombo cando visiten a Orsita Sierra, greleira experta de Abadín, para apañar a verdura por excelencia do inverno galego. En Begonte, Obdulia Castiñeira de Casa do Labrego, ensinaralles todos os segredos para preparar un caldo de nabizas delicioso. Con Francisco Monasterio, granxeiro e presidente de AVIMÓS, coñecerán ben de preto a raza galo de mos e como sacarlle proveito na cociña. E por último, serán as mulleres rurais de San Bartolomeu de Ínsua as que lles ensinen a facer o roscón de Vilalba, un dos doces máis característicos destas terras.

 

Atopar capítulo por: