CRTVG

Buscar

Come a comarca

Fisterra

02/06/2020 22:30 h

Neste cuarto programa o equipo de cociñeiros de Come a Comarca visita a comarca de Fisterra para coñecer os segredos da súa gastronomía e aprender a facer o menú máis tradicional da comarca, composto por: tortilla de ourizos, caldeirada de congro e calleiro de castañas.

Sefa Ínsua, xefe de cociñas do restaurante O Fragón, será a encargada de guiar os concursantes pola gastronomía de Fisterra. Para aprender a preparar estes pratos, os cociñeiros afeccionados irán ó templo do congro na comarca de Fisterra, o restaurante A Casa do Peixe (Muxía), onde Belén Lema lles ensinará a tradición e preparación do deste enorme peixe. Para aprender a tratar un produto tan delicado coma o ourizo de mar visitarán a Enrique Coo, da peixería-restaurante Mar Viva (Corcubión), un lugar onde degustar os produtos directamente do mostrador. Por último, para preparar un postre tan tradicional e peculiar como é o calleiro, coñecerán a Teresa Pombo, do restaurante Casa Valentín, a muller que máis calleiros fornea en toda Galicia.

Unha vez desvelados os segredos das tres receitas, os cinco cociñeiros afeccionados do programa enfrontaranse nun concurso popular, no Paseo da Ribeira de Fisterra, aos mellores cociñeiros da comarca facendo eses pratos: Manolo Pallas do restaurante O Rincón da Baiuca (Muxía), Jacinto Picallo e Diana Fuente do Semáforo de Fisterra, e Junquera Domínguez e Aroa Castiñeira do restaurante Tira do Cordel (Fisterra). A súa habilidade nos fogóns e un xurado popular composto por 15 veciños da comarca será quen decida que equipo Come a Comarca de Fisterra.

Atopar capítulo por: