CRTVG

Buscar

Come a comarca

Terra de Lemos

01/04/2020 22:30 h

Neste terceiro programa o equipo de cociñeiros de Come a Comarca visita a comarca de Lemos para coñecer os segredos da súa gastronomía e aprender a facer o menú máis tradicional da comarca, composto por: sopas de allo, corzo estufado e larpeira.

Carlos González, xefe do restaurante O Merenzao, será o encargado de guiar aos concursantes pola gastronomía de Lemos. Para aprender a preparar estes pratos, os cociñeiros afeccionados irán ó Museo do Ferrocarril de Galicia, en Monforte, para coñecer a José Gonda, ferroviario xubilado que sabe como chegou este peculiar prato á súa comarca. Despois, para aprender a receita, visitarán a cociña de Elena Losada, no Hospedaxe O Ruso, en Escairón. En pleno centro histórico de Monforte, visitarán o Grelo, restaurante de referencia na preparación da carne de caza, onde aprenderán os segredos da preparación do corzo. Por último, visitarán a Panadería Escairón, onde o cociñeiro e reposteiro Martín Mantilla lles aprenderá a facer unha larpeira para lamber os dedos.

Unha vez desvelados os segredos das tres receitas, os cinco cociñeiros afeccionados do programa enfrontaranse nun concurso popular, na Praza de España de Monforte, aos mellores cociñeiros da comarca facendo eses pratos: Simón Otero e Carmela Rodríguez do restaurante Abadía de San Simón (Monforte), Xacobo García e Francisco Ángel "Prada", do Parador de Monforte, e Luís Aguiar da panadería Moure (Monforte). A súa habilidade nos fogóns e un xurado popular composto por 15 veciños da comarca será quen decida que equipo Come a Comarca de Lemos.

Atopar capítulo por: