CRTVG

Buscar

Vivir aquí

Coidar o noso

13/06/2015 15:30 h

Os espectadores do programa “Vivir Aquí” verán hoxe como Galicia, unha das autonomías con maior patrimonio de España, ten preto de 600 bens de interese cultural. Monumentos, catedrais, murallas ou tradicións artesanais son algúns deles. Todos necesitan coidados e protección para que sigan a ser un referente ao longo do tempo. Na maioría dos casos é necesaria a restauración para evitar danos maiores.

O castelo de Pambre está entre os exemplos recentes de recuperación, pero os espectadores da TVG tamén verán o coidado do patrimonio marítimo en Bueu ou como se forman os alumnos da prestixiosa Escola de Restauración de Pontevedra. De aí saen profesionais para o Museo do Prado, as covas de Altamira ou para tratar o vasto patrimonio de Exipto. Esta e outras propostas serán as que se amosarán esta tarde no programa de “Vivir Aquí” titulado “Coidar o noso”.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: