CRTVG

Buscar

Larpeiros Social Club

Programa 5: Cociña Km. 0

05/11/2019 22:00 h

Hoxe, na cociña do Social Club, presumimos do produto Km.0, dese que temos ao carón da nosa porta e que resulta ser o mellor, por moitos motivos. E para coñecer este apaixonante mundo, visitará a nosa Sociedade Julio, o cociñeiro do Eco Hotel Nos, en Silleda.

A súa proposta para hoxe é unha ensalada de burrata km. 0 e tomates confeitados. Un traballo artesán con mozzarella que deixará coa boca aberta a todos. Entre eles, Luís Caruncho, gaiteiro e regueifeiro galego. E por suposto, amante da cociña. Con Leni fará unha gran parella, así que non faltarán os contos, as cantigas e os mellores trucos dos nosos cociñeiros. Julio completará o menú cunhas carilleiras de porco da casa cun puré de pataca azul, pouco habitual na mesa dos galegos, pero que resulta moi coñecida nalgúns países de Sudamérica.

Sorpresa tras sorpresa para unha xornada moi especial. A encargada de poñer o toque doce será Merchi, cun pastel de queixo e cereixas.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: