Desexos cumpridos
Interveñen Kepa Junquera e Marietta
23/11/2013 22:30 h
O acordeonista invidente Alfonso Dávila soña con tocar na televisión; un desexo que acaba cumprindo e, ademais, en compañía do músico vasco Kepa Junquera.
Tamén cumpren o seu soño de reencontrarse tres irmáns que non se vían desde había 20 anos. Mentres, Alejandro e Isabel terán por fin a lúa de mel que truncou o afundimento do Costa Concordia, o barco en que viaxaban en xaneiro de 2012.
Pero o amor non acaba aquí, porque Susana entrégalle ao seu home, Carlos, as alianzas de voda que no seu día, por problemas económicos, no puido darlle. O peche pono Marietta, que, despois de levar unha sorpresa, alegrará o público do programa e os espectadores a ritmo de rancheiras.