CRTVG

Buscar

Luar

El Consorcio, Zeus Montiel, Lara Sajen, Alberto Cunha e Hugo e Yhadira

27/02/2015 22:00 h

         O programa conta coa presenza do emblemático grupo El Consorcio, herdeiro de Mocedades, na que será a súa primeira actuación despois da morte de Sergio Blanco. “Luar” tamén recibe a visita dun clásico da canción italiana, Nicola di Bari, gañador do Festival de San Remo en dúas ocasións.

         Outros convidados: Zeus Montiel, fillo da mítica cantante e actriz Sara Montiel, que, coa presentación do single “Me sientes, te siento”, ofrece un anticipo do que será o seu novo disco; a bailarina, modelo, actriz e cantante arxentina Lara Sajen, coñecida por acompañar a Fangoria nos seus espectáculos; o polifacético actor, cantante, compositor, imitador e humorista vigués Alberto Cunha; o dúo Hugo e Yhadira; a Escola de Música e Baile Tradicional de Santa Comba, e o mago Luís de Matos.

         Por outro lado, comeza unha nova fase no concurso “Vai de Gaita”. Os seis finalistas estarán a partir de agora divididos en dous grupos, que actuarán cada semana. O equipo verde, apadriñado por Cristian Silva; e o equipo laranxa, amadriñado por Lorena Freijeiro, serán valorados polo xurado habitual e defendidos polos seus profesores. Mentres, no concurso “Recantos”, sen cambios polo momento, actuarán Elma, procedente da comarca Noia-Barbanza; e Roseta, representante de Ourense Norte.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: