CRTVG

Buscar

Alalá

Clemente "O Ferreira"

10/02/2009 22:05 h

As gaitas dos gaiteiros vellos están afeitas ao arrecendo a herba fresca, pero despois de 30 anos metida nun armario nun piso de Lugo de Llanera, en Asturias, a gaita de Clemente "O Ferrera" colleu o ton agrisado e melancólico dos instrumentos vellos: a madeira embruteceu como asfalto, a palleta grosa como formigón e as notas volvéronse terriblemente tercas.

A gaita está así porque Clemente “O Ferrera” leva máis de trinta anos sen tocar nunha aldea. Dende o equipo de Alalá conseguimos que Clemente volvera, despois de 30 anos, ao lugar no que máis lle gustaba tocar: Murias de Rao, unha aldea de Navia de Suarna na que aínda viven os mellores bailadores da zona.

A maioría dos bailadores pensaban que Clemente morrera e cando souberon que volvía e que ía montar unha polavila comas de antes, o tempo detívose e camiñou cara atrás 40 anos. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: