CRTVG

Buscar

Documental

Himno de Galicia

08/03/2017 22:45 h

O documental 'Himno de Galicia' permítenos coñecer detalles sobre cando se compuxo, onde se estreou e quen lle puxo música á letra escrita polo escritor de Ponteceso, Eduardo Pondal. 

O 20 de decembro de 1907 celebrouse no Teatro Tacón da Habana a estrea solemne da Marcha Regional Gallega, con música de Pascual Veiga e letra de Eduardo Pondal, unha adaptación para Banda Militar,  dirixida polo mestre Guillermo Tomas, do tema que se acabaría convertindo no Himno de Galicia.

O documental, dirixido por Carlos oro, conta a orixe do noso himno e fai o seguimento dos derradeiros días dos seus autores e do seu promotor: Veiga faleceu en Madrid e Pondal morreu só nunha pensión da Coruña, mentres que Fontela Leal -o impulsor- foi soterrado no cemiterio Colón da Habana nunha zona de pobres. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: