CRTVG

Buscar

Documental

Cela, cuestión de galeguidade

11/05/2016 22:45 h

 “Cela: cuestión de galeguidade” é unha peza dunha hora de duración, con entrevistas a distintos estudosos e coñecedores da obra e vida do afamado novelista e Premio Nobel, que falan sobre a pegada do autor en Galicia. 

Cal foi realmente a relación de Camilo José Cela con Galicia? Foi antigalego? Foi un favorecedor do uso desta lingua na poesía? Intelectuais coma Darío Villanueva, presidente da Real Academia Española; o escritor Alfredo Conde; Olivia Rodríguez, profesora da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña; Luís Iglesias, catedrático retirado do Departamento de Literatura Española da Universidade de Santiago; o historiador Iván Rodríguez, e a filóloga Lourdes Regueiro responden a preguntas coma estas. 

Abordan tamén temas coma a percepción de Galicia que transmitía o autor nas súas obras, o tratamento que deu aos poetas galegos na revista que fundou e dirixiu, “Papeles de Son Armadans”, a súa relación con autores coetáneos de referencia da literatura galega coma Celso Emilio Ferreiro, o seu vencello co réxime de Franco ou os seus artigos sobre Galicia. 
O documental “Cela: cuestión de galeguidade” trata de responder, en definitiva, á dúbida perenne sobre a galeguidade de Cela, un escritor provocador, contraditorio, á vez conservador e iconoclasta, ácrata e monárquico, coñecedor e cronista do mellor e do peor da humanidade.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: