CRTVG

Buscar

Luz verde

Ciclistas na calzada

03/06/2017 20:45 h

“Luz Verde” incide este sábado nos riscos dos ciclistas na estrada, os usuarios máis vulnerables ante calquera accidente. Coñecemos a historia dun rapaz cunha paixón moi clara, saír na bicicleta co seu grupo de amigos. Con todo, en ocasións, a convivencia entre condutores de vehículos a motor e bicicletas non é a desexada. A historia narra o suceso dun ciclista que queda atrás do grupo e, en cuestión de segundos, un forte estrondo pon en garda os seus amigos, que saen na súa procura. A escena coa que atopan non é fácil de afrontar.

Os gardas civís Beatriz González e Pablo Bouzas alértannos dos principais riscos de saír á estrada coa bici e explicannos como debemos comportarnos ao atopar ciclistas cando se conduce o coche. A normativa para adiantar, as recomendacións de seguridade ou a consciencia da fraxilidade do ciclista como usuario da vía, son algúns dos conceptos que xa se van introducindo na cultura viaria.

O xefe provincial de Ourense da DXT, David Llorente, facilita os datos de sinistros en que se viron implicados os ciclistas nos últimos anos en Galicia, mentres que a psicóloga Eva Muíño explica as consecuencias de cargar co sentimento de culpa tras provocar un accidente. O tenente coronel Francisco Javier Molano dá conta das medidas que se adoptan de cara a este colectivo de usuarios e o presidente da Federación de Ciclismo de Galicia, Juan Carlos Muñiz, detalla as recomendacións que os ciclistas deben seguir para garantir a súa seguridade na estrada.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: