CRTVG

Buscar

Galegos no mundo

Programa 71: Chicago

13/02/2014

O espazo da TVG atoparase en Chicago con Rubén Quiza, que leva traballando aquí cinco anos como deseñador de interiores. Con el poderán percorrer a cidade en transbordador, pasear polo Millenium Park e subir á vertixinosa Willis Tower. Pola súa parte, José Quintáns é un popular profesor da Universidade de Chicago que levará ao equipo do programa a dar unha volta en convertible, en bici e que amosará “A Cova de Pepiño”. 

Da man de Tony López, un enxeñeiro ambiental coruñés socio dun famoso bar de tapas en Chicago. Este rapaz amosa o lado mais comercial da cidade. Amais, Silvia Pérez, que coñeceu ao seu marido alí facendo o posdoutoramento, descobre a súa vila, Oak Park, o lugar ideal para os amantes da arquitectura de Frank Llloyd Wright. Por último, coñecerán o compostelán Enrique Posse entre as antigüidades de Randolph Street.  Con el probarán a auténtica pizza Chicago. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: