CRTVG

Buscar

Alalá

Charanga Mondoñedo

08/12/2009 22:05 h

As terras de Mondoñedo foron escenario de vidas de grandes personaxes como o Mariscal Pardo de Cela que foi decapitado por traición; coma a do escritor Alvaro Cunqueiro ou a de Pascual Veiga, compositor do himno galego e unha das grandes figuras da nosa música. Falaremos dunha historia mais cercana no tempo, a dunha charanga: Manca na Cheda. Os seus protagonistas son nove homes que adoran a música e están encantados coa charanga que formaron hai uns anos.

Nesta agrupación algúns músicos xa pasan dos setenta anos e outros andan polos trinta. A súa traxectoria musical é do máis variopinta: os máis veteranos pasaron a súa vida tocando en orquestras, outros en cuartetos tradicionais e outros en distintos grupos musicais. No que respecta á súa vida, algúns aferráronse a esta terra, outros emigraron e algún é andaluz e criouse en Marrocos; alí aprendeu a tocar os “palitos”, algo parecido as tarrañolas.

Como todos están namorados da música, ademais da charanga, unha boa parte deles andan en orquestras, cuartetos, banda ou orfeón. Os compoñentes de Manca na Cheda non imaxinaron que esta afección chegara tan lonxe e lles dera a todos tantas recompensas. A súa pretensión é sinxela: que a xente cante, baile e se divirta, e eles tamén. 

Ademais dos ensaios e das actuacións, reúnense moitas veces nun lugar sagrado para eles: a taberna do Valeco. Aquí van a relaxarse, a falar das súas cousas, a tomar un viño e a tocar para quen estea alí. 

Manca na Cheda é un dito popular que significa “de lo bueno lo mejor” e aquí están eles para que a partir desta formación e as que xurdan dela contribúan a que a música en Mondoñedo siga viva para sempre.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: