CRTVG

Buscar

Alalá

César Fernández

11/12/2007 22:05 h

César Fernández toca tanto a gaita, como a caixa, como a trompa.

A trompa que é como lle chaman aquí na Fonsagrada, porque este instrumento do que se poden atopar variacións en Francia, Alemaña, Rusia, Vietnan e en case todo o mundo, ten, como podedes imaxinar un montón de nomes: trompa, birimdbao, guinbarda, gaita de sapo, música de sapo, arpa da boca, trompa lacayos, ferro zumbador e ata “espanta pensamentos”.

Nomes tan orixinais como o son que produce este pequeno instrumento que, en Galicia, só se mantén vivo aquí, na Fonsagrada. Neste lugar había moitos tocadores, agora quedan moi poucos. César Fernández é un dos vellos tocadores de trompa e imos dispostos a aprender del todo canto poidamos!

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: