CRTVG

Buscar

Caseiros

Cea da boa veciñanza

02/04/2014 22:30 h

O espírito de Nadal chega hoxe a “Caseiros”. Son datas para dar cariño, compartir, roubar os agasallos, como fai Lola, ou cociñar cousas podres, como fai Dorinda. Unha Noiteboa entrañable, en todo o caso, que Eladio e Viruca queren celebrar sen gastar eles un peso nin dar pancada.

Ambos os dous convocan os veciños para organizar unha cea de Nadal e repartir as tarefas, quedando eles exentos de traballo e gasto. Para roubar os agasallos que lle tocaría mercar, Lola procura un traballo de garda de seguridade nuns grandes almacéns. Dorinda vai ser a encargada de preparar a cea, para o que se pon a buscar no lixo. Viruca, que non quere comer as porcalladas da muller, fala con Eladio para que busque unha solución e este volve cun cabrito vivo que lles vai dar a todos máis dunha dor de cabeza.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: