CRTVG

Buscar

No bico un cantar

Catro vellos mariñeiros

08/02/2014 20:30 h

   Foi unha das cancións máis gravadas da música galega. A primeira gravación foi a do dúo María e Xabier no ano 1969 e outra versión folk-pop posterior, de 1972, é a do cantante Xoán Rubia, que a popularizou.

   Esta homenaxe ao traballo mariñeiro forma parte imprescindible das melodías galegas e é unha canción que se presta moi ben ao canto colectivo. Pero, a pesar de que moitos consideran "Catro vellos mariñeiros" unha canción tradicional, Xosé Travieso reclamaba en 1985 a súa autoría. Este xornalista de Viveiro tiña 22 anos cando a compuxo e os catro mariñeiros existiron, pero non a rexistrou. Deste tema, de como o compuxo e da figura deste xornalista coñecido pola súa sátira e a súa pluma incansable, fala o programa co seu fillo, Javier Travieso. Un dos motivos da creación da peza era a morriña do seu Viveiro natal e o que menos pensaba o seu pai é que esta canción chegase a ter tanta popularidade.

   O tema representa unha bucólica postal e, no reverso da moeda, están os mariñeiros que non volveron, os que o mar levou. "No bico un cantar" lembra a galerna de 1971 en Celeiro, que provocou o afundimento de 20 barcos. O programa dirixido por Senén Bernárdez e presentado por Arturo Fernández está con mariñeiros, que expoñen a súa visión do mar, e tamén fala co mestre e historiador Vicente Míguez.

   As versións de "Catro vellos mariñeiros" que se poden escoitar van desde Xoán Rubia ou Escolma de Meus, ata unha emocionante peza ao piano de Xaime Estévez e a interpretación de Treixadura, sen esquecer as versións máis clásicas.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: