CRTVG

Buscar

Galicia 112

Caso de Asunta Basterra / Asociación de Familias Adoptantes en China / Dobre crime do Ceao

14/05/2014 22:15 h

O caso Asunta segue sendo actualidade. Os peritos acaban de confirmar nestes días nos xulgados de Santiago que, o seme chegou á camiseta que levaba a rapaza o día que foi asasinada por unha contaminación puntual, que se produciu no laboratorio de Criminalística da Garda Civil en Madrid. Por iso, o espazo “Galicia 112”, que presenta en directo Beatriz Pino, contará no estudio coa presenza de Blanca Estrella Ruiz, presidenta da Asociación Clara Campoamor, que exerce de acusación popular no proceso sobre a morte da nena Asunta Basterra Porto e foi quen solicitou esta análise científica. 

Relacionado con este caso, “Galicia 112” entrevistará tamén no estudio a presidenta en Galicia da Asociación de Familias Adoptantes en China. 

Por outra parte, cando se fan 20 anos do dobre crime do Cash Record no polígono do Ceao de Lugo, o programa contará coa participación de dous familiares directos das vítimas no estudio. As familias dos dous traballadores asasinados están a organizar diversos actos para lembralos e reclamar xustiza. O caso, que prescribiu este 30 de abril pasado, segue sen resolverse, pero non as dilixencias referentes ao único imputado e principal sospeitoso do dobre crime, un hostaleiro que fora interrogado en 1996. 

Amais, como é habitual en cada edición, un equipo do “Galicia 112” acompañará os corpos de seguridade e urxencias en distintas saídas.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: