CRTVG

Buscar

Casamos!

Yoli e Juan

17/03/2012 22:30 h

A historia de amor que coñecerán hoxe dentro do programa “Casamos!” ten moito que ver con aquelas malas pasadas que ás veces nos xoga a vida, neste caso a Yoli e a Juan, xa que a raíz dun grave accidente que tivo el foi cando a parella se decatou de que tiña ante si o reto de casar. A historia ten moitos motivos para a emoción, sobre todo porque el padecía esa síndrome que é o medo ao compromiso e a casar; por iso, tras máis dunha década de dúbidas en convivencia, Juan quere agora superar o trauma do “si quero”, recobrar a ledicia pola vida e organizar para Yoli a voda ideal.

Pero, á parte de atreverse co nerviosismo que xera a organización de calquera voda, queda por ver se as grandes expectativas nupciais non rematan en decepción e se, inmerso como está en tantos preparativos, Juan consegue face sorrir a Yoli para vestila outra vez de branco.

Atopar capítulo por: