CRTVG

Buscar

Casamos!

Montse e Fiti

28/06/2012 22:38 h

Gozando dunha mañá de descanso a poucos días do enlace, como perfectos embaixadores das bondades da súa provincia, así  imos encontrar a Montse e Fiti, a parella que esta semana nos vai contar en que consiste a súa historia de amor, namentres viven envoltos nunha morea de preocupacións. Para comprobar que pase o que pase o amor é capaz de triunfar por riba de todo, o programa dedicado ás vodas achéganos esta noite unha nova historia de sentimentos, emocións e superación, con todos os ingredientes románticos, sorpresas e imprevistos que poidamos imaxinar.

Esperando celebrar o seu enlace en Galicia, a historia de amor de hoxe achéganos as diversas fases polas que atravesan os preparativos do enlace da parella, con Fiti, viticultor, político, futbolista, pedáneo, guía e animador sociocultural do Val de Monterrei, e Montse que compaxina o seu  traballo como educadora infantil con ser a persoa clave dun grupo de comadres durante o Entroido. Decididos a facer unha voda orixinal, os noivos queren casar en Galicia pero celebrar a voda en Portugal, unha dificultade engadida aos nervios de última hora.

Atopar capítulo por: