CRTVG

Buscar

Casamos!

Lorena e Rafa

18/02/2012 22:30 h

A de hoxe é unha das historias de amor máis románticas, xurdida como por arte de maxia, pero non todo é así, como poderemos ver, xa que a parella protagonista é capaz de superar serios obstáculos para chegar a poñer un punto final feliz. Hoxe descubriremos como estes noivos, Lorena e Rafa, converten o seu enlace en Galicia no día máis importante das súas vidas.

    Semana tras semana coñecemos historias de amor únicas e peculiares que nos achegan as circunstancias máis variadas de cada noivado: as declaracións de amor máis románticas; os nervios dos preparativos nupciais, as opinións e desexos de amigos e familiares e as expectativas, preocupacións, conflitos e ilusións da parella protagonista respecto ao gran día das súas vidas.

     A parella de hoxe, Lorena e Rafa, revivirán o momento en que se coñeceron, case por arte de maxia -el é un coñecido ilusionista galego-, nas Illas Canarias, lugar onde xurdiu o amor; pero ela decide regresar a Arxentina porque alí estaba a súa parella. Namorado profundamente, Rafa saca da súa chistera o mellor da súa maxia e consegue traer para Galicia a unha Lorena soterrada por un mal amor.

  Pero os trámites legais e a chegada de novos membros á familia retardan unha e outra vez o ansiado día da voda. Agora, a poucos días do enlace, Lorena non pensa máis que na chegada de súa nai, que garda na súa maleta algo moi especial para ela.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: