CRTVG

Buscar

Casamos!

Lara e Carlos

07/06/2012 22:15 h

O amor, o romanticismo e a felicidade que une a familia e parellas cando deciden contraer matrimonio seguen en pé na Televisión de Galicia grazas ás historias que, semana tras semana, achega o programa “Casamos!” e que os seus protagonistas queren compartir con todos os espectadores galegos.

Como comezou a historia de amor, os preparativos do enlace, a implicación de amigos e familiares para que ese día sexa de goce para a parella son algúns dos aspectos que se poden seguir en cada edición do programa.

Nesta ocasión coñecemos a historia de amor de Lara e Carlos, que comezou dun xeito pouco habitual. Estes mozos de Arteixo (A Coruña) coñecéronse navegando nun buque da Armada Española e desde entón non se separaron: o que se di un frechazo en toda regra. Tras dous meses de relación, Carlos coñecía os pais de Lara e ese mesmo día anunciaban o seu casamento. Agora, a só unha semana do enlace, os noivos descobren que as consecuencias dunha despedida de solteiro poden traer preocupacións á súa pacífica relación.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: