CRTVG

Buscar

Casamos!

Alba e Rosendo

16/03/2021 22:30 h

O amor se é verdadeiro supera todo tipo de probas. Iso é o que deben pensar Alba e Rosendo pois o amor que os une superou todo tipo de obstáculos. Xuntos pasaron por momentos moi duros como o grave accidente que sufriu Rosendo ou un amago de morte súbita do fillo máis novo da parella. Isto en vez de mermar o seu amor fíxoo máis forte e máis grande. Cando decidiron casar a súa voda converteuse no peor día das súas vidas e é por iso que volverán festexar o seu amor no programa, desta volta cunha voda pequena, íntima e familiar.  

Atopar capítulo por: