CRTVG

Buscar

Casamos!

Sonia e Paulo

30/03/2021 22:30 h

Os amores de verán poden converterse nunha fermosa historia de amor. Que llo pregunten a Sonia e a Paulo, dous mozos que se coñeceron en Sanxenxo, entre praias, chiringuitos e xeados. O remate do verán supuxo para eles a separación, pois Sonia vivía en A Estrada e Paulo en Cambados. Esta distancia non foi impedimento para que os seus sentimentos seguisen medrando e xuntos loitaron polo seu amor ata consolidar unha relación que dura xa case 7 anos. Agora deciden casar nunha voda un tanto diferente! A cerimonia será cos seus achegados e na praia, o lugar no que comezou a súa historia de amor.

Atopar capítulo por: