CRTVG

Buscar

Carteleira G

Personal Movie

25/03/2020 16:30 h

Manolo está a gravar a película das súas vacacións e a cámara convértese nun personaxe máis, entre festas e ligues, ata que un día de resaca no que non lembra nada do ocorrido a véspera, descobre restos dun cadáver no seu barco. Entón chama ao seu pai, un policía ao que detesta, para que lle axude a saír do enredo. Apoiándose nel e nunha moza inmigrante da que se namora, terá que descubrir ao culpable. Para chegar ao desenlace deberá enfrontarse a unha trama con asasinatos e chantaxes, pero tamén aos conflitos que lastran a relación co seu pai e ao crecente amor que sente pola moza inmigrante, que podería converterse na muller da súa vida.

Atopar capítulo por: