CRTVG

Buscar

Gastrópodos

Carne de vaca galega

18/10/2015 16:00 h

 Para o programa deste domingo, a cociñeira con estrela Michelín Beatriz Sotelo, instalou os seus fogóns no recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda, para falar, como non, de carne de vaca galega. 

Pero Beatriz Sotelo non quedará queda no recinto e buscará algún cociñeiro ao que retar nesta edición e para iso irá ao restaurante “A Culler”. Neste establecemento traballa como cociñeiro Julio Mato, un fillo de galegos emigrantes en Euskadi que volveu a Galicia para iniciar unha carreira de cociñeiro por terras do Deza. Este é o candidato perfecto para baterse nun duelo cociñeiro con Beatriz Sotelo no autobús de dous andares.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: