CRTVG

Buscar

Todo queda na casa

Programa 55: Carme e Germán (Silleda) / Ángeles (Betanzos)

30/11/2014 16:30 h

“Todo Queda na Casa” chega a Silleda para coñecer a Carme e a Germán, unha parella de namorados que levan 58 anos casados. Isi concursa con Germán, quen amosa a súa finca, a súa casa e as divertidas lembranzas que ambos os dous teñen da xuventude. Os espectadores mesmo saberán das anécdotas da breve emigración de Carme en Francia, quen traballou un tempo para a embaixadora de Inglaterra mentres Germán coidaba os pequenos en Silleda.

 A segunda concursante do día é Ángeles, unha avoa que amosa con detalle a súa casa de Betanzos e o enfocada que a ten para os días que as súas netas pasan cos avós. “Todo Queda na Casa” coñece esta resolta concursante, natural de Bergondo, e nora do baixista dos Satélites en tempos de Pucho Boedo. Será quen de acertar as preguntas que Isi lle ten preparadas?

Atopar capítulo por: