CRTVG

Buscar

Galegos

Carlos Mella

12/04/2014 20:30 h

A serie documental “Galegos”, baseada nas olladas reflexivas de galegos sobranceiros sobre a súa vida, a súa obra e o seu tempo, ten como protagonista a Carlos Mella, un xubilado voluntario aos 55 anos, que foi economista e vicepresidente da Xunta.

 Desde entón, escribe libros e ve o mundo dar voltas. Denuncia que esta crise é unha expropiación groseira do pouco que tiñan os pobres para facer máis ricos aos ricos. Ademais, constata que as institucións e os políticos están hoxe ao servizo dos grandes capitais.

 Carlos Mella é actualmente presidente da Fundación Castelao e considera un drama para Galicia non ter partidos nacionalistas hexemónicos e ter unhas elites que, en vez de dirixir o país, se dedican a explotalo.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: