CRTVG

Buscar

Pasaporte galego

Carlos Leal, dos Ánxeles a Abadín

22/10/2018 22:15 h

Isabel Blanco irá hoxe ao encontro do actor e músico galego-suízo Carlos Leal, coñecido en España pola súa participación na serie “El Internado”. No seu longo currículo como actor cabe destacar tamén a súa aparición na saga de James Bond “Casino Royale”, feito que determinou a súa andaina hollywoodiana. 
Carlos Leal reside nos Ánxeles, California, onde, xunto coa súa muller Jo, se está a labrar un futuro na meca do cine. Os pais de Carlos eran de Abadín, na provincia de Lugo. Alí pasou todos os veráns da infancia e da adolescencia xunto coa súa familia, pero desde entón ata agora nunca volvera a Galicia. Así e todo, o seu vínculo sentimental con esta terra é incondicional. 

Atopar capítulo por: