CRTVG

Buscar

Amor na rede

Carlos e Laura

27/09/2016 00:45 h

Din que a chegada da terceira década é un momento de crise e de cambios. Isto debeu de ser o que lle pasou ao noso protagonista: Carlos é un mozo de Vedra de 32 anos que nos últimos tempos pasou de ter unha moza de toda a vida e estar arranxando unha casa para formar unha familia a quedar sen parella e estar un pouco á defensiva no tema do amor.

Por se isto fose pouco a esta idade, Carlos tamén descubriu que o que estudou non vai con el e agora está na casa da súa nai e pasa o tempo facendo pasteis e andando na bicicleta.

Para levantarlle a moral a este mozo tan negativo, Itzíar Villar, a psicóloga de cabeceira do programa, vaille presentar unha moza de Culleredo de 31 anos. Laura é unha muller moi familiar que traballa nos autobuses escolares como acompañante dos nenos e nenas. Ela aspira a ter, polo menos, tres fillos, pero Carlos seica xa se sente vello para batallar con cativos.

O presentador, Camilo Lesta, fará que se convertan en detectives por un día e conseguirá que traballen en equipo para saír de onde foron encerrados. Despois destas aventuras, chegará unha cea en que os dous tratarán de abrir os seus corazóns, pero haberá que ver o programa ata o final para saber se se fixo ou non unha nova parella en “Amor na Rede”.

Atopar capítulo por: