CRTVG

Buscar

Un mundo de historias

Cara de lúa

30/10/2020 10:04 h

Hadrián estrea para os seareiros da taberna o documental que realizou para a productora de Laura. O triángulo Laura - Hadrián - Rita complica as relacións entre estes personaxes e tamén co sobriño do director cinematográfico, Xurxo.

Na taberna, un grupo de personaxes habituais discuten sobre Don Agapito, un home pintoresco que tamén visita o lugar con frecuencia. A discusión será unha aposta entre o Boticas, Pedro (o Séneca) e máis Xan (o Ferrete). Para demostraren a valentía da que presumen, estes dous ousarán acudir, á unha da mañá, ao cemiterio. Cando chega a noite na que se debe cumprir a aposta, prodúcense un conxunto de feitos estraños.

Hadrián inicia o seu achegamento á realidade e acaba por comprender ata que punto hai tópicos sobre esta dos que cómpre prescindir e en que medida a rareza de persoas ou comportamentos é simplemente un feito subxectivo condicionado, entre outras cousas, pola tradición cultural. 

Atopar capítulo por: