CRTVG

Buscar

Serramoura

Capítulo 95: Tempo de secano

06/12/2017 22:30 h

Cun inverno máis seco do normal, o encoro de ‘Serramoura’ ten menos auga que de costume. Pero aos problemas que isto adoita supoñer para os veciños da zona unirase outro inesperado: o achado duns restos óseos moi antigos, que todo indica que poderían ser a pegada dun crime cometido hai moito tempo.
Rapidamente, Diego e Marga emprenderán unha investigación que os levará aos anos 40 para investigar a morte dun soldado da época. Por sorte, axiña descubrirán que contan cunha testemuña viva nunha residencia de anciáns, un home que, se os datos son correctos, puido formar parte do mesmo destacamento ca o falecido. Pero a investigación sufrirá un revés inesperado.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: