CRTVG

Buscar

Criaturas

Cap. 94: Amigos novos

03/10/2010 21:58 h

Con máis historias humanas que contar arredor do mundo animal e da súa relación coas persoas, así se presenta a temporada nova do espazo "Criaturas" para facernos partícipes de amigos novos, das súas casas e os seus donos, do traballo e da saúde. Así, o programa visitará lobos, mapaches, capuchinos, realizará terapia con cabalos, un rescate con cans "bombeiros" e ata coñeceremos un can actor; rutas a cabalo, con ovellas, cabras e tamén o Camiño de Santiago.

Hoxe coñeceremos un parrulo - can, que ten complexo de canciño, porque se non fose pola plumaxe non seriamos quen de distinguilo; Gilda, unha gatiña a quen un accidente misterioso lle causou moitos problemas de respiración e precisa dunha operación urxente, acompañaremos unha egua, Furia, que ten un traballo moi especial xa que axuda ao proceso de adaptación de nenos autistas, e veremos como lle foi a unha nena no primeiro día que visita este cariñoso animal.

No apartado de famosos con mascota, hoxe asómase Sevi Martínez, xornalista da Radio Galega, que nos presentará o seu can Pelos cos seus hábitos sorprendentes. Na enquisa polas rúas, neste caso do Carballiño, preguntarase cal é o macho que empreña?

Atopar capítulo por: