CRTVG

Buscar

A vida por diante

Capítulo 9: Mentiras piadosas

09/06/2006

Renata, segura de que Xesús non tivo nada que ver co afundimento do Santoña, decide retirar a denuncia contra o armador. Esta decisión provocará un enfrontamento entre ela e Lucía, que está convencida de que o que contou Eusebio, ademais de ser mentira, foi argallado por Xesús para librarse da denuncia.

Pero esa non é a única preocupación de Lucía. A mestra de Mila chámaa porque está moi preocupada pola rapaza; Mila escribiu nun traballo que lle gustaría morrer para poder estar xunto a seu pai.

Pola súa banda, Aurora, que semella ter recuperado as forzas e as ganas de vivir, comeza a saír polas noites, cousa moi mal vista polas súas veciñas e que a converte no centro dos comentarios da vila.

Ademais Marta, apoiada por Sofía, decide presentarse aos exames que lle quedan para rematar a carreira.

Atopar capítulo por: