CRTVG

Buscar

Actualizad@s

Capítulo 9: "Amas de casa galegas"

14/08/2010

O equipo de "Actualizad@s" achega hoxe a vida das amas de casa galegas para saber que se entende hoxe en día por este papel social, ás veces utilizado con demasiada lixeireza para sinalar a mulleres que elixen, voluntariamente ou non, quedar nas súas casas e ceder o terreo laboral aos homes.

Así, os reporteiros visitan as casas de varias amas de casa galegas que se recoñecen como tales, mesmo comparten un día enteiro con algunha delas para comprobar como é a súa vida e como chega unha familia numerosa, de oito membros, a fin de mes. Algunhas delas contarán amais como se fai compatible o traballo da casa con outra profesión exercida fóra dela.

"Actualizad@s" ten como horizonte internarse na idiosincrasia das aldeas, vilas e cidades galegas, nas súas xentes, tradicións e maneiras de vivir, vellas e novas, amosando historias en diferentes situacións que recollen todos os pequenos detalles de cada mirada.

Atopar capítulo por: