CRTVG

Buscar

Hospital Real

Capítulo 9

06/10/2015 22:00 h

Os membros do Hospital Real reciben a nova de que España entra en guerra con Francia, unha situación que fai que, por momentos, moitos deles teñan que deixar un pouco de lado os sentimentos de dor e amargura que provocou a morte de Clara nas súas vidas e ocuparse doutros asuntos máis inmediatos. 

O doutor Devesa e a don Daniel tratan un soldado ferido durante unhas prácticas de tiro. Un paciente que terá que enfrontarse non só á operación da súa ferida, senón tamén a un xuízo para esclarecer o accidente, xa que, en tempos de guerra, o exército non permite a traizón dun soldado.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: