Pazo de Familia
Capítulo 89
22/05/2017 22:15 h
A desaparición dun valioso colar , agasallo de voda de Leonor para a súa neta Claudia, terá consecuencias inesperadas no penúltimo capítulo da temporada de “Pazo de Familia”. Ante o medo de perder o seu traballo, e afogada polas débedas, Sara pensa en delatar unha persoa moi importante para ela.
Por outra bada, para Emilio, o importante é agora a súa relación con Eva, pero o feito de que estea casada, alén dun segredo que descoñece, fará que a verdade acabe por estoupar e salpique a varias personaxes.