CRTVG

Buscar

Criaturas

Cap. 88: Parto múltiple

18/03/2010 22:01 h

Poida que non sexa a primeira vez, pero seguro que a máis abraiante, porque o programa que tende pontes entre o reino animal e as persoas asiste hoxe ao parto múltiple dunha porca vietnamita. Despois de repoñerse deste momento, o presentador do espazo, Alejandro Macías, seguirá a uns animais de grande envergadura pola ruta do Camiño de Santiago, nada máis e nada menos que camelos e dromedarios.

Noutras escenas, descubriremos se a cadeliña Baby poderá conservar a súa pata coa axuda das novas técnicas cirúrxicas, xa que se trata da última oportunidade; namentres que no apartado de famosos con mascota o actor e cantante Sergio Zearreta, do grupo "Lamatumbá", preséntanos a súa michiña. Na enquisa que o programa realiza nas rúas, hoxe pregúntaselle á xente se sabe o que é unha "papoia".

Atopar capítulo por: