CRTVG

Buscar

Padre Casares

Capítulo 86: O pai, o fillo e o Espírito Santo

27/09/2010

Que é o pai do fillo que espera Iria?

Iria regresou a Louredo. Ninguén no concello esquecerá xamais semellante aparición: en plena misa e cunha barriga froito do pecado orixinal. Nin querendo, puidese ningún louredano idear un tema mellor para rexoubar: a profesora está embarazada e todas as sospeitas apuntan a Horacio Casares. Ademais, hai algo que os habitantes de Louredo descoñecen, pero que saben os telespectadores: entre o cura e a polémica moza houbo máis que palabras de amor.

Pero Iria non será a única visita inesperada da semana. Victor Barreiro, un mozo aposto e con gran olfacto empresarial, chegará ao pobo en busca de novas oportunidades de negocio. O visitante pronto captará a atención de Delmiro, tolo por pasar á historia como o alcalde progresista que se gaba de ser.

Tamén Maite se fixará no aposto descoñecido, pero por outros motivos... O que ambos descoñecen é que Victor esconde algún que outro segredo.

Mentres tanto, Louredo vive con ilusión a preparación para a visita do Papa a Santiago e sobrevive, como pode, ás obras de mellora da praza. Pero unha noticia podería ensombrecer o optimismo dos louredanos: a crise económica chega a Santo Domingo de Louredo.

Atopar capítulo por: