CRTVG

Buscar

A vida por diante

Capítulo 8: Mar picado

02/06/2006

Aurora ten unha recaída na súa depresión e volve pecharse na casa.

Marta, farta xa de tanta amargura, cre que todas elas deben tentar esquecer, aínda que só sexa por un momento, a desgracia que lles aconteceu e pasalo ben. Así, deciden convencer a Aurora e ao resto para saír e divertirse unha noite pola Coruña.

Renata tamén retoma as súas preocupacións. A revelación que lle fixo Eusebio sobre o Santoña pona nunha difícil encrucillada: contarllo ao resto das viúvas e renunciar á denuncia e á indemnización ou gardar o segredo e acusar a un home inocente.

Xesús, pola súa banda, intenta un novo achegamento á súa filla, esta vez mediante unha axuda económica, pero semella que a reconciliación entre pai e filla queda aínda lonxe.

Mentres, Quique decide deixar definitivamente a súa relación con Cris.

Atopar capítulo por: