CRTVG

Buscar

Serramoura

Capítulo 79: Cando apagues a luz

30/04/2017 22:00 h

Quique descobre que a persoa que alugou o coche a nome de Tomás é coxa e, cando intenta contactar co afectado, encontra unha nota de suicidio que parece ser do propio Tomás. No cuartel ninguén considera que tivese motivos para acabar coa súa vida, agás Rivas, que lles dá un ultimato a Diego e Quique: Se non atopan nada novo del, darao por morto. O que non saben é que Tomas segue vivo. Atrapado na sala de festas é testemuña directa do plan de Ricardo para acabar con el e co seu antigo equipo.

Na vila, Evaristo sorpréndese cando Hugo o informa de que roubaron a madeira do monte infectada polo nematodo e sospeita que Teresa ten algo que ver. Por outra parte, como a conexión entre Santos e Rivas, o amor continúa. Tras pasar unhas horas na vila, Raquel volve á cidade, onde un compañeiro a convida a unha cea romántica. 

 

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: