CRTVG

Buscar

Padre Casares

Capítulo 78: Augas termais e exercicios espirituais

01/03/2010

Don Crisanto, o párroco emérito de Louredo, deixará por uns días a vila para gozar dunhas merecidas vacacións en Ourense. Pero o agasallo non será só para o ancián; tamén o padre Casares gozará dun necesario descanso, co seu compañeiro de batallas afastado, por un tempo, dos ataques de Delmiro.

A escusa non pode ser mellor: O doutor prescribiulle a Don Crisanto moito descanso, relaxación e boa alimentación. E onde mellor que en Ourense, capital do turismo termal de Galicia? Á cidade das Burgas acompañarao Amelia, para asegurarse de que o sacerdote non se salta o seu réxime. Tamén se unirá á expedición Puri, a agricultora metida a perruqueira, tola por visitar as mellores tendas da cidade.

Mentres tanto, todo promete ser paz en Santo Antonio de Louredo, aínda que Sindo, o ata agora home tranquilo da parroquia, será esta vez o encargado de enleala. Que o tendeiro é un incomprendido, xa o sabiamos, pero quen ía imaxinar que se vingaría da súa muller pechándoa no bar?

Atopar capítulo por: